7.14.2009

Dúas de fotos





























Aínda que o tempo tampouco acompañe demasiado estamos en tempo estival. Tempo de disfrutar dun sábado de río, crema de oruxo e bos amigos. É por iso que non apetece falar de cousas ingratas, tristes ou agardadas. Ademais, tampouco é boa época para ir subindo MicroQontos, aínda que pouco e pouco irán caendo por aquí.

Neste tempo aproveito para seguir deixando xoias que outros fan. E hoxe van dúas achegas fotográficas que recomendo garden ben nos seus petos, xa que pagan moito a pena.

Por unha banda, descubro a través dalgunha das bitácoras ou xornais que sigo a través dos feed (non lembro cal) unha páxina destinada a recuperar o labor de Amancio Pico, nado no 1910 que desenvolveu a súa paixón nas décadas dos 50 aos 70. Na web podemos atopar verdadeiras delicias (81 en branco e negro e 151 en cor) que merecen a visita unha por unha.

Por outra banda e sigo algo que dixen estes días sobre a destrución e o abandono, tan melancolicamente atraentes. Trátase dunha serie de imaxes de Yves March dedicadas fundamentalmente a iso: o abandono. A min particularmente as imaxes de teatros en ruínas prodúcenme calafríos.

.: Galería de Amancio Picó :.

.: Galería de Yves March :.