Dicía Cunqueiro nun dos seus textos máis reproducidos: "se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu
estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí
xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras
máis". Eu quero ser moito máis comedido, os tempos non están para tanto derroche de optimismo, gustaríame ser recordado como alguén que coa súa obra de palabra ou de facto, logrou que a lingua de Galicia durase tres segundos máis.
Polo de agora no proxectoQ conseguiu uns pequenos retos. Esta é a sexta vez que consigo felicitar o Nadal no meu xeito particular. E para esta vez fágoo dun xeito moi espcial, xa que esta sexata felicitación é ademais, a entrada número cinconcentos (500 entradas! quen moi ía dicir naquel tempo desesperanzado). A todas e todos os que me acompañastes neste percorrido tan emotivo só podo agradecervos a vosa paciencia e a vosa compaña. E de todos os que por aquí parades non quero esquecerme dalgúns nomes moi concretos:
- A miña felina, compañeira e primeira luz que me acompaña, a única que logra manterme en pé cando todo ao meu redor se volve ruína.
- Aos meus pais por termar de min e pola súa inesgotable paciencia.
- Aos pais dos meus fermosos sobriños por achegar un vento fresco a esta familia.
- A todas as ausencias que me pesan na alma, agardo algún día o rencontro.
- As miñas grandes amizades que sempre recordo aínda que non sempre teñamos tempo para abrazarnos. Meus queridos kukaratxo, juncal, bouvy, pena (e todos os que me odiarán por esquecelos aquí) aos seus pés.
- A toda a familia de @poetasdahostia un pulo constante para seguir.
- A toda a xente magnífica que coñecín a través deste caderno gárdovos a todos nalgún lugar bo.
Este ano non haberá postal de Nadal do proxectoQ, quero que este ano da fin do mundo levedes un recordo máis meu (e voso). ABANDONOS é para todas e todos vós, para que o queimedes pola miña alma o día que eu falte.
P.S. A imaxe leva a unha ligazón en google docs onde podedes descargar o pdf orixinal con todos os textos. Se non o ves correctamente podes escribirme un mail a dlandesa@gmail.com e gustosamente o enviarei.


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada