3.19.2012

Común presenza dos poetas...

O día 21 de marzo foi declarado no 1999 Día Mundial da Poesía pola Unesco. Trátase dunha desas festividades moi elcorteinglés que serven para que gastedes as vosas pagas en mercar libros de poetas que vos gusten ou non (para que poidan mercar casas na praia e flamantes descapotables). Hai un artigo da wikipedia que di que este día se coñece en Europa como Primavera dos poetas e en Colombia como Común Presenza dos Poetas. Este último nome (que seica é unha asociación que promove tal día) é tan fermoso que me obriga a declararme dende hoxe colombiano.

Pero como neste bló imos de guais e compartimos free propóñovos unha cousiña. Para que aforredes os cartos (se queredes) e teñades o voso subproduto cultural-lírico nesa data sinalada, dende o proxecto-Q regalarei un poema á idea máis tola que se vos ocorra para facer un poema (en principio só a idea máis absurda levará o poema, mais non descarto algunha máis).

As vosas propostas podedes deixalas nos comentarios do bló, no meu correo quen o teña, no facebook imperialista quen así o considere ou ben no twitter @proxectoq


A foto que ilustra unha posibilidade de idea absurda é roubada de http://www.bannedinhollywood.com/30-pictures-of-goats-being-crazy/

No hay comentarios: