3.23.2012

Día mundial da poesía


As poetas e os poetas somos mundiais é unha afirmación que ninguén se atrevería a cuestionar porque iso sería politicamente incorrecto, non obstante, as poetas, os poetas e a propia poesía impórtanlle un carallo ou unha cona ao mundo.

O mundo é así, cando hai algo que debera ser de preocupación diaria, universal, que no fondo lle importa unha merda o que se fai é dedicarlle un día. Pasa coa infancia, coa paz, coas letras galegas... E resulta que o día no que se demostra que a poesía é para o mundo unha cousa pequena e molesta é o 21 de abril. Si, xa sei que pasaron dous días pero teño que combinar o meu impagado e enriquecedor (da alma, non pensen) oficio de poeta con oficios que, ás veces, me axudan a pagar as facturas de tinta e papel. Así que velaquí o meu poema do 21 de aril, o 23 de abril.

Explicación sobre a concepción do poema. Pedín nas diferentes formas de publicación electrónica que me pedisen temas absurdos cos que elaborar un poema para tal día, as propostas foron as seguintes:

- L.A. Sobre a remolacha azucreira.
- M.S. Que o poema estivese tallado nunha cenoria.
- P.A. Sobre cabaleiros que din Ni.
- M.L. Que o poema estivese pintado en azul sobre as paredes da miña oficina.
- R.R. Que explicase que tiña eu que ver coa poesía esa.

Velaquí o resultado:
















Para quen non sexa quen de o ler ben velaquí está:

Preguntárannos,
que facíamos nós, xuntos,
neste hemisferio onde o único que importa
son as consecuencias
e a ninguén lle doe a primavera.


Eki, Eki Tapann! dixo a terra
malfadada e seca,
nai da doce beta rapa,
nai de umbelíferas talladas, a terra,
chamei por ti baixo ela
e ninguén reclamou a morte túa!


P.S. 1: Agradecido a L.Aldao, M.Soutelo, P. Vázquez, M.Lado e R. Ruibal.
P.S. 2: Viva a puñeteira poesía! 

No hay comentarios: