4.02.2012

LUME

LUME
Do Eume o lume doeume.

Unha soa lapa
non é quen de esgotar un carballo
mentres non berre coas súas irmás.
Un pobo
non é quen de ser un
mentres non berre
lume para os necios.

Doe a fraga.

Agora xa sabemos que somos Vietnam
unha aldea enorme,
unha resistencia resignada
de árbores e napalm

mais logo da dor: nada

Doeume o lume do Eume.