5.09.2012

MicroQontoS – The last one

O procedemento é inquebrantable. Ben o sabes, escribíchelo ti cando a plaga foi unha realidade terrible. "Todo corpo morto deberá ser sometido a correspondente autopsia, por moito que os indicios supoñan que a plaga nada tivo que ver co falecemento do individuo". E velaquí estamos, os dous últimos homes sobre a terra. Sei ben que a plaga nada tivo que ver na túa morte Frank, ou polo menos non de modo directo. Xa rematamos, queda só un anaco. Sabes? Ao final gañei a aposta, son o derradeiro, o último exemplar da nosa especie. Orificio de entrada na zona frontal do cráneo, sen observarse orificio de saída. A intensa queimadura redonda na fronte di ás claras que se trata dun disparo feito a moi pouca distancia, unha execución. Extráese proxectil de pequeno calibre. Xa remato o informe. Causa da morte: asasinato.
Enténdeo, tiña que ser así.

Síntoo Frank.




 Foto roubada de shorpy

No hay comentarios: